Máis servizos

PROGRAMA ADESTRAMENTO PERSONALIZADO

Preparar unha maratón, ou unhas oposicións, acadar un obxectivo o máis axiña posible poden ser algúns dos motivos que podes ter para acollerte a este servizo. Cos nosos Programas de Adestramento Personalizados online poderás acadar o teu reto persoal. Dinos cal él o teu obxectivo e nós te axudamos a acadalo.

mqapp

ADESTRAMENTO PERSOAL online

Agora sí: chegou o momento de comezar a adestrar en serio. En Máis que Auga podes contar cun servizo de adestramento persoal axeitado ao teu perfil e as túas características. Os nosos técnicos deseñan un programa deportivo específico para ti dependendo de cal sexa o teu obxectivo: baixar peso, gañar masa muscular, curar  lesións ou mellorar ou teu rendemento.

Vencer a preguiza, estar motivado e conseguir ser constante no xinmasio non é unha tarea doada: nestes casos o papel dun adestrador persoal que te acompañe, te dirixa, te corrixa e te asesore no teu tempo de adestramento é importante.

A nivel emocional está demostrado que a figura do adestrador persoal é unha fonte de motivación básica e supón un apoio moral importante: a motivación mellora a constancia á hora de acudir ao ximnasio. Tes un rendemento maior xa que estás continuamente acompañado e asesorado por un dos nosos profesionais. Se estás interesado en ter un programa feito a túa medida co teu propio adestrador pregunta no teu centro Máis que Auga de Barreiro, Coia e Navia.

ASESORAMENTO NUTRICIONAL PERSONALIZADO online

Servizo que non está enfocado só a persoas con problemas de sobrepeso senón tamén a todos aqueles que queiran aprender algunhas pautas para mellorar a súa alimentación. No gabinete adaptámonos ás necesidades de cada persoa e elaborámoslle un plan nutricional pensando nas súas necesidades co seu posterior seguimento.

PODES ESCOLLER ENTRE ESTES PROGRAMAS:

Programa activo de control de peso: inclúe 2 sesións de seguimento máis adestramento adaptado e controis de peso.

Programa mensual de mantemento: inha vez alcanzados os teus obxectivos podes acceder a este programa que inclúe unha revisión ao mes, plan nutricional e seguimento.

Non o dubides e solicita a túa cita de asesoramento!

Podemos axudarche en algo?